InicioEconomíaSánchez lembra a Alcoa "a cantidade de millóns recibida" e pídelle que...

Sánchez lembra a Alcoa “a cantidade de millóns recibida” e pídelle que reconsidere os despedimentos

O presidente do Goberno reclámalle á multinacional que "deixe paso" a outras empresas se "non se compromete" coas comarcas onde está presente

Publicada o

- Advertisement -

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, pediu a Alcoa que reconsidere a súa decisión de despedir a 534 traballadores da súa planta de San Cibrao -outros 400 obreiros de empresas auxiliares veríanse tamén afectados polo Expediente de Regulación de Emprego (ERE) presentado pola multinacional– e que ofreza unha resposta distinta capaz de manter as capacidades produtivas na comarca, sobre todo logo de recibir “unha cantidade de millóns de axudas” por parte do sector público nos últimos anos.

En declaracións a ‘La Sexta‘, o presidente avanzou que o Goberno xa está falando cos sindicatos e coa multinacional produtora de aluminio para “esixirlle” un maior compromiso con Galicia.

Sánchez pediu á empresa estadounidense que decida sobre o seu futuro no país e que, no caso de que non se comprometa coas comarcas onde está presente, que deixe paso a outras empresas para que invistan e inxecten capital no mantemento das capacidades produtivas e o emprego.

O presidente referiuse á “cantidade de millóns” que Alcoa recibiu por parte do Estado nos últimos anos, tanto baixo Gobernos socialistas como do Partido Popular, polo que cre que o país mérecese unha reconsideración e unha resposta distinta á que está dando.

DEVOLUCIÓN DAS AXUDAS

En concreto, a ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, afirmou en varias ocasións que a multinacional recibiu 800 millóns de euros en subvencións, que “deberá devolver” se recorta no emprego, o que a empresa nega, alegando que a subasta de interrompibilidade “non é unha axuda” e cifrando a contía de diñeiro publico recibida en 43 millóns.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...